AMONAGA

Asociación de modelistas navais de Galicia

 

                                                                                                                     

 

 

 

Principal

 Actividades

 Os nosos barcos 1

 Os nosos barcos 2

 Lugares de navegación

 Reportaxes 2006

 Axenda- 2007

 Mapa dos socios

 Facerse socio

 Xunta directiva

 Novas e comunicados

 Prensa

 Planos

 Foros

 Contactar

 

 

 

 

 

 

 

 


Novas e comunicados


29-07-2007

I Encontro AMONAGA de modelismo naval 2007 Reportaxe

O próximo 9 de Setembro (Domingo) celebramos o primeiro encontro de modelismo naval da asociación.
A xornada será de 12 a 6 da tarde no monte dous Pozos de Valadares en Vigo.
Invitamos a canto modelista queira participar sexa ou non da asociación. Invitamos a algúns colegas Portugueses que esperamos asistan.
Para inscribirse enviar correo electrónico a amonaga@hotmail.com  ou ao teléfono 986224682
Data límite de inscrición 6 de setembro.
O programa:
11 da mañá colocación das 5 carpas con 15 metros de mesa de exposición para barcos estáticos e rc
11,30 Inscrición de participantes e control de frecuencias para os rc
12 Navegación por quendas para non interferirse en quendas de 30 minutos
14 Terá lugar a comida na cafetería restaurante . O prezo 15 Euros por persoa.
16 Navegación en quendas de 30 minutos ata as 18 que terá lugar a finalización do I Encontro de modelismo naval 2007.
Informaremos das novidades.
Nº Inscritos: 54 persoas


28-07-2007
Iª Exposición en Viveiro de modelismo naval

Invitáronnos a participar na primeira exposición de modelismo naval que terá lugar en Viveiro (Lugo) os días 11 e 12 de Agosto. Os socios interesados porse en contacto coa organización. Jabel Balseiro


16-07-2007

II Certamen de maquetismo AMC

Do 20 ao 22 de Xullo terá lugar o certame de maquetismo AMC no edificio multiusos de Redondela. De 10 a 2 polas mañás e de 17 a 21,30 polas tardes. Cartel anunciador
Mais información: Telefonos 615813424- 699070712 info@maquetistasceltas org www.maquetistasceltas.org 
 


01-07-2007

Entrega do carne da asociación o mais novo dos socios

O secretario da asociación Fernando Villar fai entrega do carne da asociación a Uxío, o mais novo dos nosos socios.


 

11-06-2007

Participación nos actos da asociación MARINETEA

   

1º Posto da 1ª Regata interclase vela rc AMONAGA. Enrique Freire veleiro clase M

2º Posto Francisco Rego

3º Posto Pablo Vaamonde

10 de Xuño: A partir das 11 da mañá: Exposición e regata exhibición de vela rc interclase nas instalacións da ETEA en Vigo invitados pola asociación MARINETEA. Montaremos 4 carpas cunha pequena exposición de modelismo estático e rc e realizaremos unha regata exhibición de veleros rc no mar. Dispoñemos dun bote auxiliar para recuperar os barcos en caso de avería.

 

11-06-2007

Actividades estático Xunio

Xunio:  Presentación dunha Zabra (embarcación tipo patache do século XVI construída por Celso Campo Seijo que nos explicará todos os detalles  da súa construción en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras) ás 20,30 horas. Entrada libre. A presentación terá lugar o día 16 sábado as 18,30 da tarde.


18-05-2007

Charla coloquio sobre os planos en modelismo naval


Santiago Signo pronunciará unha charla coloquio sobre os planos no modelismo *naval
Día 18 de Maio de 2.007, en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras) ás 20,30 horas. Entrada libre
 


05-04-2007

Convocatoria Asemblea xeral


A Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación terá lugar o día 21 de Abril de 2.007, en c/ *Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras), ás 18,00 horas, en 1ª Convocatoria, e ás 18,30 h., en 2ª Convocatoria, co fin de deliberar e votar os puntos do seguinte:

ORDE DO DÍA

1º.- Informe de altas e baixas de socios e creación dunha cota de 25 Euros anual mais 10 de inscripción para socios menores de 16 anos.
2º.- Informe de xestións co Museo do mar de Galicia para ter un local da asociación no Museo e informe do novo estanque no parque de Navia en Vigo.
3º.- Renovación e nomeamento de vocales.
4º.- Autorización á xunta directiva para a inscripción da asociación na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
5º.- Presentación do Proxecto Galeón das rías
6º.- Rogos e preguntas.
7º.- Aprobación, no seu caso, do Acta da reunión.

 


16-03-2007

Participación en A Coruña no concurso Escala 2007

 
A agrupación Cultural Escala de A Coruña invítanos a participar na edición deste ano do seu concurso exposición que terá lugar na Coruña os días 6 e 7 de Abril.
As bases e formularios de inscripción podédelos baixar da paxina http://www.ccescala.com/concurso07.php  .
Os interesados en participar na inscripción poñer o voso nome e o de AMONAGA.

O noso socio Severino Balseiro levou dous premios, unha medalla de ouro polo SAN JUAN NEPOMUCENO, e unha medalla de bronce polo BONITEIRO DO CANTABRICO (de deseño propio), cada un deles na súa categoría.


10-03-2007

Actividades de modelismo naval Estático (Charla-coloquio)


(Día 16 Venres ás 20,30*h) Charla- coloquio sobre Iniciación ao modelismo naval, 2ªparte(modelismo avanzado) a cargo de Luís Miguel López Conde. Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre

 


06-02-2007

Participación na feira Vigo Nau 2007
Comunicámosvos que a asociación vai participar os días 1,2,3 e 4 de Marzo na feira Vigo Nau 2007 no IFEVI de Vigo. Contaremos con Stand propio e exhibicións rc na piscina que montan. Trátase dunha oportunidade única para presentar a asociación ao público, polo que esperamos a colaboración activa de todos os socios. http://www.nauvigo.com

Dispoñemos de invitacións para a entrada gratuita na feira dos nosos socios, a condición de que estean ao corrente do pago da cota de socio do 2007


06-02-2007

Actividades de modelismo naval Estático (Charla-coloquio)

 
O vindeiro venres día 16 de Febreiro organizamos unha charla coloquio de modelismo naval estático modalidade Scratch en Vigo. A charla estará a cargo do socio Alfredo Campos Brandón.
 

Lugar: C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo.
Hora 20,30. Entrada libre



04-02-2007

Seguro de responsabilidade civil


Xa temos seguro de responsabilidade civil para os socios, que cada vez o esixen mais para a organización de calquera evento. A póliza subscrita cobre ata 300.000€.


 

01-02-2007

Solicitude de permisos de uso ao Concello

 
Xa recibimos contestación telefónica positiva á nosa solicitude de permisos de uso das piscinas da praia de Samil e do estanque do Monte dous Pozos por parte do Concello de Vigo, así como, para montar a carpa e mesas. En canto ao estanque do monte dos Pozos suxírennos que tamén nos poñamos en contacto coa comunidade de montes de *Valadares


08-01-2007
Inicio de actividades de modelismo naval Estático (Charla-coloquio)
 

Comezamos as actividades do 2007
En xaneiro o día 19 (Venres) ás 20,30h: Charla-coloquio sobre Iniciación ao modelismo naval, 1ª parte a cargo de Luís Miguel López Conde.

 
Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre

 


08-01-2007
Recepción de Carnés de socio
 

Ao longo desta semana os que non reciban o carné que se poñan en contacto. Enviáronse fai días por correo postal. amonaga@hotmail.com


20-12-2006

Carnés de socio

 
Estamos facendo os carnés de socio, os que queiran que figure a súa foto teñen que enviar unha foto tipo carné de identidade escaneada ao correo amonaga@hotmail.com  ou por correo postal á dirección AMONAGA C/Mª Berdiales 9- 3º- J 36203  Vigo antes do 25 de Decembro
 


20-12-2006

Concurso de ideas para o logotipo da asociación


Na asemblea xeral do 17 de Decembro por iniciativa do socio Francisco Rego aprobouse solicitar un concurso de ideas para a creación do logotipo da asociación que será aprobado, no seu caso, noutra asemblea xeral . Todo o que queira enviar o seu debuxo pode facelo ao correo amonaga@hotmail.com 

Logos enviados ata agora

Alfonso                           Jomal                Marcos Casal           Variante Isidro  V. Joaquin

           

Variante Joaquin


02-12-2006

Convocatoria Asemblea xeral

 
O 17 de Decembro de 2.006, en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras), ás 17,00 horas, en 1ª Convocatoria, e ás 17,30h., en 2ª Convocatoria, Asemblea xeral extraordinaria, co fin de deliberar e votar os puntos do seguinte:

ORDE DO DÍA

1º.- Ratificación dos nomeamentos que integran a Xunta Directiva
2º.- Establecemento do importe da cota dos socios.
3º.- Nomeamento dos voceiros de cada actividade.
4º.- Rogos e preguntas.
5º.- Aprobación, no seu caso, do Acta da reunión.
A convocatoria enviouse por correo postal, así que se nos próximos días non a recibides, poñervos en contacto.