AMONAGA

Asociación de modelistas navais de Galicia

 

 

 

 

 

Principal

 Actividades

 Os nosos barcos 1

 Os nosos barcos 2

 Lugares de navegación

 Reportaxes 2006

 Axenda- 2007

 Mapa dos socios

 Facerse socio

 Xunta directiva

 Novas e comunicados

 Prensa

 Planos

 Foros

 Contactar

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

Axenda
2007
Calendario de actividades de Modelismo naval Estático .

Estático: Unha actividade ao mes durante todo o ano ( Estamos preparando a programación de todo o ano)
Xaneiro:

(día 19 venres as 20,30) Charla-coloquio sobre Iniciación ao modelismo naval (1ªparte), a cargo de Luís Miguel López Conde. Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre

 

Realizada a primeira parte da charla-coloquio sobre modelismo naval. Asistiron 15 persoas e Luís expúxonos a súa idea de como empezar, as ferramentas básicas, a súa experiencia persoal da entrada no modelismo naval e como aos poucos, pasou dos kits á construción completa do modelo e de moitos útiles para facilitar a montaxe e a soldadura, entre outras moitas cousas. Pronto esperamos a súa segunda intervención.


Febreiro:

 

 (Día 16, venres a las 20,30) Charla coloquio sobre construcción Scracht, a cargo de Alfredo Campos Brandón. Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre

 

Alfredo mostrounos en directo a realización do mar, coa súa técnica para presentar os barcos en diorama. Tamén unha longa exposición sobre a súa filosofía e técnicas empregadas en Scratch.



Marzo:

Do 1 ao 4 de Marzo participación na feira Vigo Nau 2007 no IFEVI de Vigo. Tivemos un stand de 5 por 3 metros onde expuxemos algúns modelos e contactamos con moita xente interesada no modelismo naval. Pola feira en xeral pasaron 80.000 persoas..


16 de Marzo (venres as 20,30) Charla-coloquio sobre Iniciación ao modelismo naval (2ªparte), a cargo de Luís Miguel López Conde. Lugar C/ Fisterra nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre

 

 

Na segunda parte da súa charla coloquio sobre modelismo naval avanzado Luís centrouse fundamentalmente nos útiles especiais que utiliza para conseguir que ou ben a escala sexa a correcta ou que a peza sexa como a real.



A destacar o seu martillo eléctrico para remachar, o útil para enxaretados, os alicates para cáncamos, a placa de trefilar (esta comercial) e a súa máquina de colchar eléctrica para a realización de cabos, todas elas realizadas fai mais de 10 anos.


Abril:

Suspendida a actividade por convocatoria de Xunta xeral extraordinaria o sábado 21 ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18,30 en segunda convocatoria


6 e 7 de Abril:

A agrupación Cultural Escala de A Coruña invítanos a participar na edición deste ano do seu concurso exposición que terá lugar na Coruña os días 6 e 7 de Abril.
As bases e formularios de inscripción podédelos baixar da paxina http://www.ccescala.com/concurso07.php  .
Os interesados en participar na inscripción poñer o voso nome e o de AMONAGA.

O noso socio Severino Balseiro levou dous premios, unha medalla de ouro polo SAN JUAN NEPOMUCENO, e unha medalla de bronce polo BONITEIRO DO CANTABRICO (de deseño propio), cada un deles na súa categoría.


Maio:

Santiago Signo pronunciará unha charla coloquio sobre os planos no modelismo naval
Día 18 de Maio de 2.007, en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras) ás 20,30 horas. Entrada libre

 


Xunio: Día 15 (venres ás 20,30) Presentación dunha Zabra (embarcación tipo patache do século XVI construída por Celso Campo Seijo que nos explicará todos os detalles  da súa construción en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras) ás 20,30 horas. Entrada libre A presentación terá lugar o día 16 sábado as 18,30 da tarde.

Por problemas de última hora tivo que suspenderse a presentación da Zabra de Celso e
Miguel Sánchez presentou o seu veleiro Solweig realizado con planos franceses de *MRB.
 


Xulio: Día 13 (venres ás 20,30) Fabricación de cabos con máquina de colchar e os nós mais utilizados en modelismo naval a cargo de Luís Miguel López Conde

Luís explicounos os nós mais utilizados en modelismo naval e a utilización de útiles dos pescadores para facelos mais comodamente. Tamén a fabricación de cabos en xeral e con alma de cobre ou latón en particular

Agosto: Non hai actividade por vacacións

Setembro

I Encontro AMONAGA de modelismo naval 2007

O próximo 9 de Setembro (Domingo) celebramos o primeiro encontro de modelismo naval da asociación.
A xornada será de 12 a 6 da tarde no monte dous Pozos de Valadares en Vigo.
Invitamos a canto modelista queira participar sexa ou non da asociación. Invitamos a algúns colegas Portugueses que esperamos asistan.
Para inscribirse enviar correo electrónico a amonaga@hotmail.com  ou ao teléfono 986224682
Data límite de inscrición 20 de Agosto.
O programa:
11 da mañá colocación das 5 carpas con 15 metros de mesa de exposición para barcos estáticos e rc
11,30 Inscrición de participantes e control de frecuencias para os rc
12 Navegación por quendas para non interferirse en quendas de 30 minutos
14 Terá lugar a comida na cafetería restaurante . Non nos concederon permiso para facer lume nas grelladas do monte (nin con grella de butano), así que a comida será na cafetería restaurante. O prezo 15 Euros por persoa.
16 Navegación en quendas de 30 minutos ata as 18 que terá lugar a finalización do I Encontro de modelismo naval 2007.
Informaremos das novidades.


Outubro:


Día 20 (Sábado ás 18,30) Presentación dunha Zabra (embarcación tipo patache do século XVI construída por Celso Campo Seijo que nos explicará todos os detalles acerca da súa construción. . Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre
 


Calendario de actividades de Modelismo naval RC


Vela rc: Todos os domingos, o grupo da clase 1 metro IOM reúnese na dársena de Bouzas de Vigo para facer regatas.

Vocal da clase 1 metro: Marcos Campos Riveiro Teléfono 629646590  Vigo

Calendario da Federación Galega de Vela clase Vela 1 metro rc

Paxina Checa do tempo  http://www.windguru.cz/es/

XANEIRO
21 REGATA RADIOCONTROL CLASIFICATORIA CLUB NAUTICO CASTRELO DE MIÑO

Clasificación

1º esp 16 Tomas Perez C.N. Rodeira Cangas 12p
2º esp 38 Pablo Rivas C.N. Rodeira Cangas 13p
3º esp 40 Alejandro Caamaño R.C. Nautico de Vigo 14p


MARZO
25 TROFEO LICEO CLASIFICATORIA LICEO MARÍTIMO DE BOUZAS

ESP 16 Tomas Perez C.N Rodeira 22 p
ESP 38 Pablo Rivas Moaña Mar 37p
ESP 51 Francisco Puga L M Bouzas 41p


 


ABRIL
1 REGATA RADIOCONTROL CLASIFICATORIA LICEO CASINO VILAGARCIA

Clasificación:

1º POR 67 Jose Cardoso C.Naval de Leça    17 p
2º ESP 16 Tomas Perez C.Nautico Rodeira    28 p
3º ESP38  Pablo Rivas  C.Social Moaña Mar   43 p
 


MAIO
20 SEMANA NAVAL RÍA DE PONTEVEDRA LOCAL REAL CLUB NAUTICO DE SANXENXO
XUÑO
23,24 CAMPEONATO GALLEGO CTO.GALLEGO LICEO CASINO VILAGARCIA
XULLIO
29 DESAFIO PROMAR LOCAL CLUB NAUTICO FOZ
AGOSTO
18,19 REGATA PUERTO CHICO LOCAL CLUB NAUTICO FOZ
SEPTEMBRO
16 VII DESAFIO AUDI CLASIFICATORIA REAL CLUB NAUTICO DE SANXENXO

Clasificación:

1º Tomas Perez ESP 16 C.N.Rodeira 16 pts

2ª Francisco Puga ESP 51 L.M. de Bouzas 23 pts

3ª Carlos Lago ESP 23 L.M. de Bouzas 27 pts

7ª Marcos Campos ESP 146 R.C.Nautico de Vigo 61 pts


OUTUBRO
28 SEMANA NAUTICA DEL ATLANTICO-LUSO GALAICO LOCAL REALCLUB NAUTICO DE VIGO
NOVEMBRO
2,3,4 CAMPEONATO DE ESPAÑA CTO.ESPAÑA CLUB NAUTICO RODEIRA

Escala rc: O primeiro domingo de cada mes a partir das 11 da mañá, salvo indicación contraria, navegamos no estanque con forma da ría de Vigo en Samil ou na de forma rectangular ou no monte dos Pozos. Aínda que non leves barco é unha boa oportunidade para reunirse e cambiar impresións.


Días prefijados
7 de Xaneiro: Navegación na piscina rectangular de Samil a partir das 11 da mañá .
Video 1  Video 2


4 de Febreiro: Navegación na piscina con forma da ría de Vigo de Samil a partir das 11 da mañá(a mais próxima ao polideportivo)
Video


1 ao 4 de Marzo: Participación en Vigo Nau 2007 con demostracións na piscina da feira

Horario:

Día 2: de 4 a 6 da tarde (non é seguro). Día 3: de 11 a 12 da mañá e de 4 a 6 da tarde. Día 4: de 11 a 12 da mañá e de 4 a 6 da tarde. Teléfono de contacto 627317003 (Fernando)

Video 1   Video 2    Video 3  Video 4


1 de Abril : Navegación no monte dos Pozos a partir das 11 da mañá


6 de Maio: Navegación no monte dos Pozos a partir das 11 da mañá
(Como chegar)


3 de Xuño: Navegación no monte dos Pozos a partir das 11 da mañá  (Como chegar)

Video 1


 

10 de Xuño: A partir das 11 da mañá: Exposición e regata exhibición de vela rc interclase nas instalacións da ETEA en Vigo invitados pola asociación MARINETEA. Montaremos 4 carpas cunha pequena exposición de modelismo estático e rc e realizaremos unha regata exhibición de veleros rc no mar. Dispoñemos dun bote auxiliar para recuperar os barcos en caso de avería.

   

Ganador de la 1ª Regata interclase vela rc AMONAGA. Enrique Freire con un clase M

2º Clasificado Francisco Rego

3º Clasificado Pablo Vaamonde


ETEA: Exposición de estático e navegación rc nas carpas da asociación.  



1 de Xullo: Estanque do Monte dos Pozos a partir das 11 da mañá
(Como chegar)


5 de Agosto: Estanque do Monte dos Pozos a partir das 11 da mañá

 
2 de Setembro: Estanque do Monte dos Pozos a partir das 11 da mañá.  Suspéndese esta navegación para trasladala ao día 9 que temos o noso primeiro encontro da asociación

9 de Setembro

I Encontro AMONAGA de modelismo naval 2007

O próximo 9 de Setembro (Domingo) celebramos o primeiro encontro de modelismo naval da asociación.
A xornada será de 12 a 6 da tarde no monte dous Pozos de Valadares en Vigo.
Invitamos a canto modelista queira participar sexa ou non da asociación. Invitamos a algúns colegas Portugueses que esperamos asistan.
Para inscribirse enviar correo electrónico a amonaga@hotmail.com  ou ao teléfono 986224682
Data límite de inscrición 20 de Agosto.
O programa:
11 da mañá colocación das 5 carpas con 15 metros de mesa de exposición para barcos estáticos e rc
11,30 Inscrición de participantes e control de frecuencias para os rc
12 Navegación por quendas para non interferirse en quendas de 30 minutos
14 Terá lugar a comida na cafetería restaurante . Non nos concederon permiso para facer lume nas grelladas do monte (nin con grella de butano), así que a comida será na cafetería restaurante. O prezo 15 Euros por persoa.
16 Navegación en quendas de 30 minutos ata as 18 que terá lugar a finalización do I Encontro de modelismo naval 2007.
Informaremos das novidades.


6 y 7 de Octubre: Participación na VIII Muestra de Castellón.

Joaquin Yarza recibindo a metopa da participación de AMONAGA en Castelló de mans de Carmelo o organizador da mostra do Aula Bermúdez de Castro, sección de modelismo

 


7 de Outubro: Piscina de Samil (A que esta en o medio da praia e é rectangular)



4 de Novembro: Piscina de Samil (na piscina con forma da ría de Vigo de Samil a partir das 11 da mañá(a mais próxima ao polideportivo)) 

Video  pesquero Ingles : http://www.youtube.com/watch?v=iTHlp_AIsg0


2 de Decembro: Piscina de Samil - Vigo(na piscina con forma da ría de Vigo de Samil a partir das 11 da mañá(a mais próxima ao polideportivo) )