AMONAGA

Asociación de modelistas navais de Galicia

 

 

 

 

 

Principal

 Actividades

 Os nosos barcos 1

 Os nosos barcos 2

 Lugares de navegación

 Reportaxes 2006

 Axenda- 2007

 Mapa dos socios

 Facerse socio

 Xunta directiva

 Novas e comunicados

 Prensa

 Planos

 Foros

 Contactar

 

 


Actividades

Os membros da asociación pretendemos promocionar o modelismo naval, en todas as súas variantes, en Galicia para o que organizaremos actividades tanto de modelismo naval estático como rc. Tamén temos como obxectivo prioritario, a petición ao concello  de Vigo e de A Coruña dun lago para poder practicar, con comodidade, todas as variantes do modelismo naval rc (No caso de Vigo a petición está xa presentada) e esperamos teña éxito.

A medida que o número de socios aumente designaremos delegados territoriais para Galicia norte e Galicia sur co fin de integrar e lograr o apoio mutuo para as nosas actividades e a promoción do modelismo naval en toda Galicia.

Na actualidade contamos con 32 socios. Se es afeccionado ao modelismo naval en calquera variante non o dubides, faiche socio

Organizámonos nas seguintes seccións:

Estático:

Participación na exposición MODELAMA de Vilagarcía (do 5 ao 31 de Decembro 2006) con 7 modelos dos nosos asociados. Os premios conseguidos foron unha medalla de Ouro (barcos de construción propia) polo Roberto de Xoaquin Yarza, unha de Bronce (barcos de construción propia) polo Galicia de Alfredo Campos Brandon, dous diplomas para Fernando Villar e Luís Miguel López Conde e unha medalla de Prata (apartado figuras) para o conxunto de figuras de ciencia ficción de Jorge Victorero Rey.

En preparación I Exposición 2007 en Vigo. Estamos a  organizar unha actividade mensual (axenda) tanto de presentación dos nosos modelos como de talleres prácticos e charlas nos locais designados pola asociación. Esperamos as suxestións de todos para consolidar estas actividades.

Escala rc:

Comezamos dun xeito informal no mes de Decembro de 2005 cunha concentración rc no estanque de O Vao, hoxe desaparecido e coa asociación xa legalizada fixamos un calendario de navegacións que podedes ver na axenda na praia de Samil (piscina coa forma de ría e na rectangular) e no monte de Os Pozos o primeiro domingo de cada mes pola mañá a partir das 11 horas. Preparamos algunha exhibición para o 2007 noutros puntos de Galicia co fin de apoiar e incentivar as actividades dos modelistas

Videos  rodados por Ventura: Navegación en Samil  Video Bautizo naval
 

En preparación Exhibicións en diversos puntos de Galicia, talleres, charlas e presentacións dos nosos modelos

Vea  Rc:

Fixaremos un calendario de regatas e un trofeo AMONAGA de carácter anual agrupando as distintas flotas dos nosos socios e tamén unha regata interclase para que se poida participar co velero que se teña. Tamén organizaremos charlas sobre trimado de veleros e regras de participación nas regatas. Na actualidade navegan xunto cos de escala rc.

Vea Rc 1metro:

Clase 1metro IOM: Reúnense todos os domingos pola mañá na dársena de Bouzas para facer regatas. Esperamos poder organizar un trofeo AMONAGA de carácter anual a partir do 2007.

Embarcacións tradicionais:

Dado que Galicia ten un patrimonio marítimo propio de moita entidade pretendemos promocionar os nosos barcos entre os modelistas tanto na súa variante estática como rc reunindo documentación e planos para elevar a calidade dos modelos existentes. Tamén queremos promover un proxecto de iniciación á vela tradicional rc a partir do 2007.