Novas e comunicados
29-07-2007 I Encontro AMONAGA de modelismo naval 2007 Reportaxe O próximo 9 de Setembro (Domingo) celebramos o primeiro encontro de modelismo naval da asociación. A xornada será de 12 a 6 da tarde no monte dous Pozos de Valadares en Vigo. Invitamos a canto modelista queira participar sexa ou non da asociación. Invitamos a algúns colegas Portugueses que esperamos asistan. Para inscribirse enviar correo electrónico a amonaga@hotmail.com ou ao teléfono 986224682 Data límite de inscrición 6 de setembro. O programa: 11 da mañá colocación das 5 carpas con 15 metros de mesa de exposición para barcos estáticos e rc 11,30 Inscrición de participantes e control de frecuencias para os rc 12 Navegación por quendas para non interferirse en quendas de 30 minutos 14 Terá lugar a comida na cafetería restaurante . O prezo 15 Euros por persoa. 16 Navegación en quendas de 30 minutos ata as 18 que terá lugar a finalización do I Encontro de modelismo naval 2007. Informaremos das novidades. Nº Inscritos: 54 persoas
28-07-2007 Iª Exposición en Viveiro de modelismo naval Invitáronnos a participar na primeira exposición de modelismo naval que terá lugar en Viveiro (Lugo) os días 11 e 12 de Agosto. Os socios interesados porse en contacto coa organización. Jabel Balseiro
16-07-2007 II Certamen de maquetismo AMC Do 20 ao 22 de Xullo terá lugar o certame de maquetismo AMC no edificio multiusos de Redondela. De 10 a 2 polas mañás e de 17 a 21,30 polas tardes. Cartel anunciador Mais información: Telefonos 615813424- 699070712 info@maquetistasceltas org www.maquetistasceltas.org
01-07-2007 Entrega do carne da asociación o mais novo dos socios 
O secretario da asociación Fernando Villar fai entrega do carne da asociación a Uxío, o mais novo dos nosos socios.
11-06-2007 Participación nos actos da asociación MARINETEA 

1º Posto da 1ª Regata interclase vela rc AMONAGA. Enrique Freire veleiro clase M 2º Posto Francisco Rego 3º Posto Pablo Vaamonde 10 de Xuño: A partir das 11 da mañá: Exposición e regata exhibición de vela rc interclase nas instalacións da ETEA en Vigo invitados pola asociación MARINETEA. Montaremos 4 carpas cunha pequena exposición de modelismo estático e rc e realizaremos unha regata exhibición de veleros rc no mar. Dispoñemos dun bote auxiliar para recuperar os barcos en caso de avería. 11-06-2007 Actividades estático Xunio Xunio: Presentación dunha Zabra (embarcación tipo patache do século XVI construída por Celso Campo Seijo que nos explicará todos os detalles da súa construción en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras) ás 20,30 horas. Entrada libre. A presentación terá lugar o día 16 sábado as 18,30 da tarde.
18-05-2007 Charla coloquio sobre os planos en modelismo naval Santiago Signo pronunciará unha charla coloquio sobre os planos no modelismo *naval Día 18 de Maio de 2.007, en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras) ás 20,30 horas. Entrada libre
05-04-2007 Convocatoria Asemblea xeral A Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación terá lugar o día 21 de Abril de 2.007, en c/ *Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras), ás 18,00 horas, en 1ª Convocatoria, e ás 18,30 h., en 2ª Convocatoria, co fin de deliberar e votar os puntos do seguinte:
ORDE DO DÍA
1º.- Informe de altas e baixas de socios e creación dunha cota de 25 Euros anual mais 10 de inscripción para socios menores de 16 anos. 2º.- Informe de xestións co Museo do mar de Galicia para ter un local da asociación no Museo e informe do novo estanque no parque de Navia en Vigo. 3º.- Renovación e nomeamento de vocales. 4º.- Autorización á xunta directiva para a inscripción da asociación na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF 5º.- Presentación do Proxecto Galeón das rías 6º.- Rogos e preguntas. 7º.- Aprobación, no seu caso, do Acta da reunión.
16-03-2007 Participación en A Coruña no concurso Escala 2007 A agrupación Cultural Escala de A Coruña invítanos a participar na edición deste ano do seu concurso exposición que terá lugar na Coruña os días 6 e 7 de Abril. As bases e formularios de inscripción podédelos baixar da paxina http://www.ccescala.com/concurso07.php . Os interesados en participar na inscripción poñer o voso nome e o de AMONAGA. O noso socio Severino Balseiro levou dous premios, unha medalla de ouro polo SAN JUAN NEPOMUCENO, e unha medalla de bronce polo BONITEIRO DO CANTABRICO (de deseño propio), cada un deles na súa categoría.
10-03-2007 Actividades de modelismo naval Estático (Charla-coloquio)
 (Día 16 Venres ás 20,30*h) Charla- coloquio sobre Iniciación ao modelismo naval, 2ªparte(modelismo avanzado) a cargo de Luís Miguel López Conde. Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre
06-02-2007 Participación na feira Vigo Nau 2007 Comunicámosvos que a asociación vai participar os días 1,2,3 e 4 de Marzo na feira Vigo Nau 2007 no IFEVI de Vigo. Contaremos con Stand propio e exhibicións rc na piscina que montan. Trátase dunha oportunidade única para presentar a asociación ao público, polo que esperamos a colaboración activa de todos os socios. http://www.nauvigo.com Dispoñemos de invitacións para a entrada gratuita na feira dos nosos socios, a condición de que estean ao corrente do pago da cota de socio do 2007
06-02-2007 Actividades de modelismo naval Estático (Charla-coloquio)
O vindeiro venres día 16 de Febreiro organizamos unha charla coloquio de modelismo naval estático modalidade Scratch en Vigo. A charla estará a cargo do socio Alfredo Campos Brandón. Lugar: C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Hora 20,30. Entrada libre
04-02-2007
Seguro de responsabilidade civil Xa temos seguro de responsabilidade civil para os socios, que cada vez o esixen mais para a organización de calquera evento. A póliza subscrita cobre ata 300.000€.
01-02-2007 Solicitude de permisos de uso ao Concello Xa recibimos contestación telefónica positiva á nosa solicitude de permisos de uso das piscinas da praia de Samil e do estanque do Monte dous Pozos por parte do Concello de Vigo, así como, para montar a carpa e mesas. En canto ao estanque do monte dos Pozos suxírennos que tamén nos poñamos en contacto coa comunidade de montes de *Valadares
08-01-2007 Inicio de actividades de modelismo naval Estático (Charla-coloquio) Comezamos as actividades do 2007 En xaneiro o día 19 (Venres) ás 20,30h: Charla-coloquio sobre Iniciación ao modelismo naval, 1ª parte a cargo de Luís Miguel López Conde.
Lugar C/ Finisterre nº 10 baixo de Vigo. Entrada libre
08-01-2007 Recepción de Carnés de socio Ao longo desta semana os que non reciban o carné que se poñan en contacto. Enviáronse fai días por correo postal. amonaga@hotmail.com
20-12-2006 Carnés de socio Estamos facendo os carnés de socio, os que queiran que figure a súa foto teñen que enviar unha foto tipo carné de identidade escaneada ao correo amonaga@hotmail.com ou por correo postal á dirección AMONAGA C/Mª Berdiales 9- 3º- J 36203 Vigo antes do 25 de Decembro
20-12-2006 Concurso de ideas para o logotipo da asociación Na asemblea xeral do 17 de Decembro por iniciativa do socio Francisco Rego aprobouse solicitar un concurso de ideas para a creación do logotipo da asociación que será aprobado, no seu caso, noutra asemblea xeral . Todo o que queira enviar o seu debuxo pode facelo ao correo amonaga@hotmail.com
Logos enviados ata agora Alfonso Jomal Marcos Casal Variante Isidro V. Joaquin
Variante Joaquin 
02-12-2006
Convocatoria Asemblea xeral O 17 de Decembro de 2.006, en c/ Finisterre nº 10 Baixo (bocacalle de Venezuela ou de Ecuador por escaleiras), ás 17,00 horas, en 1ª Convocatoria, e ás 17,30h., en 2ª Convocatoria, Asemblea xeral extraordinaria, co fin de deliberar e votar os puntos do seguinte:
ORDE DO DÍA
1º.- Ratificación dos nomeamentos que integran a Xunta Directiva 2º.- Establecemento do importe da cota dos socios. 3º.- Nomeamento dos voceiros de cada actividade. 4º.- Rogos e preguntas. 5º.- Aprobación, no seu caso, do Acta da reunión. A convocatoria enviouse por correo postal, así que se nos próximos días non a recibides, poñervos en contacto.
|